viernes, 27 de septiembre de 2024

El Consello de Europa avala que en Asturias el gallego é un dos idiomas propios



El Consello de Europa publica el Sexto Informe de Cumprimento de España del tratado Carta Europea das Linguas Rexionales e/o Minoritarias e reproba a actuación das autoridades político-lingüísticas asturianas.


Os expertos europeos instan al goberno asturiano a:


1. Reconocer el gallego-asturiano como lingua oficial nel Estatuto de Autonomía del Principado de Asturias.”

2. Cooperar coas comunidades autónomas vecías unde se fale galego.”



El Consello de Europa manifiesta ademais que el Principado incumpre a Carta Europea nel sou artígo 7.1.e, “al non existir vínculos oficiales entre falantes de galego (chamado gallego-asturiano) en Asturias e falantes de galego en Galicia e  León.” (cita textual)


Europa remarca tamén os incumprimentos del Principado no respectivo ás diferentes etapas educativas, con pouca ou nula oferta de galego-asturiano e recomenda incrementar a presencia del gallego-asturiano nos medios.


A referencia al “… galego (chamado gallego-asturiano) nel Principado de Asturias” como glotónimo único neste informe, cuestiona e non acepta  el glotónimo eonaviego, defendido polas autoridades político-lingüísticas asturianas nas súas alegaciois ante el Comité de Expertos. As alegacios varias das autoridade asturianas a favor del glotónimo eonaviego foron desatendidas.





El informe tamén  reflexa que el Comité de Expertos del Consello de Europa ve como problema a designación con distintos nomes das mesmas linguas


Ese feito coincide coel tratamento que se dá al “… occitano (chamado aranés) na Comunidá Autónoma de Cataluña” e al “… catalán (chamado valenciano) na Comunidá Valenciana.”.


Escuitar a entrevista á Doctora Natalia Jardón