sábado, 5 de diciembre de 2015

Atlas Sonoru de la Llingua Asturiana


"Nesta entrega del Atlas Sonoru de la Llingua Asturiana mantúvose por cuestióis editoriales el título da colección, peró convén aclariar qu’é máis al xeito un título como Atlas Sonoro del Gallego-Asturiano, porque tamos falando de grabacióis noutra llingua diferente, non d’úa variedá da llingua asturiana. El gallego- asturiano é tamén úa llingua d’Asturias —nas súas terras occidentales nacéu y se mantuvo vivo—, irmá del asturiano —con él comparte muita da evolución del llatín que Roma trouxo al norte peninsular—, peró, al cabo, tipolóxicamente distinta.


1 comentario:

Anónimo dijo...

Parece mentira que a estas alturas falemos dun Atlas Sonoro, nome xa falso de por si, estamos falando dunha colección de etnotextos. Un Atlas Sonoro dunha lingua é outra cousas, é mirar como se din diferentes fonemas ou formas nuns determinados espazos xeográficos. O ego dos autores e especialmente de Jesús Suárez é desmedido, coma sempre, nada novo, raro que non se fixese a fotografía coas gravacións pertinentes. As transcricións son propias dunha persoa que non ten idea de lingüística, non diferencian "y" de "ll", poñen como se fose legal *Castripol ou *Taramunde, hai concellos que non merecen ter informantes, resulta chamadeiro o de Coaña (que ten moi bos falantes), sería bo ver as gravaciois das áreas de transición de Navia, Villaión e Ibias, non hai nada. Igual que plasmas as regras ortográficas da lingua asturiana no galego de Asturias (non sei como se lle chama a isto? aculturización? E hai unha diferenza hai xente, algunha comprometida coa cultura da nosa comarca que fai gratis estas cousas, que levamos anos recollendo linguaxe, gravaciois, música, etc., e logo chega un cunha subvención e fai este despropósito, pois non, señor Jesús, esa obra deixa moito que desexar. E os insultos por privado tamén dunha persoa que non sabe nin aturar unha soa crítica.
Carlos Xesús Varela Aenlle
Membro da Real Academia Galega polo Eo-Navia (e á muita honra!!).