domingo, 27 de noviembre de 2011

El idioma gallego, como todas as llinguas del mundo, presenta dentro da súa unidá, variedades territoriais.


El idioma gallego, como todas as llinguas del mungo, presenta dentro da súa unidá, variedades territoriais que foron estudadas e descritas en traballos sobre a realidá viva da fala desenvolvidos polo Instituto da Lingua Galega ao llongo dos sous anos de existencia. Estos traballos foron a primeira achega científica á nosa realidá llingüística desde el mundo da investigación da Universidá de Compostela.
A xa clásica definición en tres bloques, con áreas e subáreas no interior de cada un dellos, nun gozaba inda de soporte sonoro editado en que atopar testemuños directos representativos das diversas modalidades lingüísticas. Utilizando os materiais del Arquivo Galego Oral do ILG, especialmente os correspondentes ao Atlas Ligüístico Galego (1974-76) e el Arquivo Dialectal da Lingua Galega (1992-1995) fíxose úa selección de textos nos que se tratou de conxugar el interés el interés llingüístico coel interés etnográfico, histórico e mesmo sociolóxico.


Presidente del Consello da Cultura Galega
Vicepresidente Fundación Penzol

jueves, 17 de noviembre de 2011

Manifesto das Comunidades de Lingua e Cultura Galegas de Asturias, León e Zamora







Manifesto das Comunidades de Lingua e Cultura Galegas



de Asturias, León e Zamora.

Reunidos en Celanova os días 21 e 22 de decembro de 1989 representantes do occidente de Asturias, del Bierzo e dos concellos de fala e cultura galegas de Zamora, así como de Galicia, pra analizar conxuntamente a problemática lingüística, sociocultural e xurídica da franxa que estrema coa actual Galicia administrativa, facemos público el seguinte






MANIFESTO

I.- As comarcas máis occidentais de Asturias, León e Zamora posúen non só úa llingua común á de Galicia administrativa, senón tamén un patrimonio cultural común, como se pode apreciar -entre outros aspectos- na antropoloxía, na arqueoloxía e no dereito consuetudinario. A todos compete que esta identidá cultural sexa respetada i preservada.
II.- Esiximos da Xunta de Galicia a estricta e inmedita efectividá das previsióis del art. 21.2 da Lei de Normalización Ligüística, relativo á protección da lingua galega falada en territorios limítrofes coa Comunidá Autónoma, na actualidá totalmente indefensos i sometidos ao perigo de transculturización.
III.- Esiximos das autoridades das Comunidades Autónomas de Asturias e Castela-León el pleno respeto da identidá lingüística i cultural das comarcas occidentais de fala e idiosincrasia galegas, á vez que demandamos que se tomen as medidas necesarias que garanten el exercicio dos dereitos emanados dese patrimonio lingüístico i cultural.
IV.- Reclamamos que nas convocatorias dos organismos da Xunta de Galicia, en especial das Consellerías de Educación e de Cultura (concursos escolares, prensa escolar, proxectos de investigación...) se declare expresamente que poden acollerse ás mesmas os centros de ensino, os colectivos socioculturais e as persoas das citadas zonas.
V.- Reinvidicamos que no distrito universitario único de Galicia teñan idénticos dereitos de acceso os estudiantes que proceden dos concellos de lingua e cultura galegas del occidente de Asturias, León i Zamora que os procedentes da Galicia administrativa. Lo mesmo demandamos prá enseñanza básica e non universitaria.
VI.- Reclalmamos da Xuta de Galicia que reforme os programas de ensino básico i medio pra incluir nellos a realidá xeográfica, lingüística e socio-cultural das citadas zonas da Galicia non adminstrativa.
VII.- Reclamamos dos poderes públicos a adopción das medidas necesarias que garantan a plena cobertura da RTVG e da RTVE-G en toda a franxa estremeira con Galicia. Igualmente pedimos que ámbolos Entes Públicos de radiotelevisión establezcan úa rede de corresponsalias en todas esas comarcas.
VIII.- Esiximos das diferentes adminstracióis públicas el total respeto pola auténtica toponimia galegas destas zonas.
IX.- Finalmente, queremos deixar claro que a normalización lingüística del occidente de Asturias, León i Zamora ten que vehiculizarse nel actual galego común, sen prexuízo de que núa primeira fase, especialmente nel ensino, poida aplicarse úa sub-norma lingüística que acolla algúas peculiaridades propias, inexistentes nel galego común.

Os participantes nel I Congreso da Língua e a Cultura Galegas en Asturias, León e Zamora manifestamos a nosa vontade de dar continuidá a estos encontros co fin de facer un seguimento del proceso de normalización lingüística en todo el territorio de fala galega.


Celanova, a 22 de decembro de 1989

viernes, 28 de octubre de 2011

... ningún dos argumentos da científicamente demostrada galeguidade lingüística das falas eonaviegas ten sido contestada por ninguén...









... O Informe Lingüístico sobre a Nosa Terra del Eo-Navia Occidente de Asturias (2007) da Asociación Abertal del Eo-Navia, no orixinal eonaviego e nas tres traduciois que lle fixeron: ao asturiano, por Esperanza Mariño Dávila; ao catalán, por Cristina Rodriguez Alonso; e a tradución ao castelán, por Xiao Mon Chao.


Este informe é a resposta científica máis contundente e documentada que se lles ten dado aos intentos acientíficos, demagóxicos e ideolóxicos de xebrar el galego eonaviego do conxunto dos falares galegos.



Pasados tres anos da súa saída á rúa, ningún dos argumentos proporcionados polo Informe sobre a científicamente demostrada galeguidade singüística das falas eonaviegas ten sido contestada por ninguén.






Catedrático de Universidad de Vigo en Historia y Dialectología del Gallego


Licenciado y doctorado en Filología Gallega por la Universidad de Santiago de Compostela


"Recolla de achegas á lingua e literatura galegas de Asturias"


Edita Universidá de Vigo


ISBN 978-84-8158-456-1

domingo, 22 de mayo de 2011

El gallego fálase tamén en 19 concellos limítrofes del Principado de Asturias, pertenecentes á Terra Eo-Navia.




O galego fálase en Galicia, onde é a lingua oficial xunto co castelán. Tamén se fala e permítese o seu ensino reglado no occidente da comarca do Bierzo (provincia de León) e nunha zona da provincia de Zamora, chamada As Portelas, que comprende os concellos de Porto, Pías, Lubián e Hermisende, sendo parcialmente galegofalante Pedralba de la Pradería, onde só é falado na pedanía de Calabor.


Tamén é falado en 19 concellos limítrofes do Principado de Asturias, pertencentes á Terra Eo-Navia onde se chama eonaviego ou galego-asturiano (no sentido de galego falado no territorio de Asturias), aínda que este é un punto sobre o que hai gran controversia en Asturias. Por unha banda atópase a romanística internacional e a filoloxía galega, cuxos estudos afirman que a lingua natural desta comarca asturiana pertence formalmente ao conxunto lingüístico galaico-portugués como parte da lingua galega; no punto contrario sitúanse o goberno do Principado, e a Academia de la Llingua Asturiana, que consideradan ás falas situadas entre o Navia e o Eo como unha transición entre o tronco galaico-portugués e o asturleonés.

En tres concellos estremeños, na frontera con Portugal, do Val de Xálima (San Martín de Trebello, As Ellas e Valverde do Fresno), na provincia de Cáceres, fálase a Fala de Estremadura, modalidade galaico-portuguesa sobre a que aínda non hai unanimidade acerca de se pode considerarse unha variedade de galego, procedente dos galegos participantes na Reconquista que se asentaron nesa zona, unha lingua diferenciada dentro do subgrupo Galego-portugués.

WiKipedia
A enciclopedia libre

domingo, 3 de abril de 2011

El caso das poblaciois de llingua occitana (Arán), catalán de Aragón (La Franja) i gallego de Asturias (Terra Navia-Eo)


...

"Nel texto que sigue imos intentar expoñer el caso das poblaciois de llingua occitana de Cataluña (Arán), catalán de Aragón (La Franja) e gallega de Asturias (A Terra Navia-Eo), poblaciois todas que se atopan núa situación sociolingüística sensiblemente parecida, permetendo deste xeito a comparanza.


As tres son minoría dentro da comunidá autónoma respectica, onde solen ser vista como un corpo estraño, que non encuadra ben nel imaxanio colectivo da maioría, como un híbrido entra a comunidá propia i a vecía, a llingua da cual é tamén propia da minoría.


Sometidas a úa mui forte discriminación llingüística estas poblacióis, ata datas mui recentes foron incapaces de xenerar un discurso lliberador, de afirmación da propia identidá llingüística, i seguiron el conocido camín del autoodio, fendo todo lo posible por negar a propia identidá llingüística, aceptando nomes tan turbios como el de chapurreado para designar tanto el catalán como el gallego, ou el de fala para el gallego i el de patués para el catalán das zonas máis septentrionales de Ribagorça, ou localismo máis ou menos fantasiosos como aranés, boalés, favarol, fragatí, maellà, santallés, tapiego... cualquer denominación é benvida mentres non sexa a respectiva de catalán, gallego ou occitano."

...


J. R. Fuentes - A. Quintana

Britonia, 1995-96

martes, 1 de febrero de 2011

É necesario un protocolo que permita a normalización del uso da llingüa gallega en tarren asturiano, entros rios Eo i Navia







Entre Asturias y Galicia sólo debe haber concordias



(...)


Respeto debido a la pluralidad.


Entre los acuerdos establecidos entre las dos Administraciones ha de ejecutar también un protocolo, con vistas a la normalización del uso del idioma gallego en territorio asturiano, que afecta a los municipios comprendidos en la franja limitada por lo rios Eo y Navia.


En este tema transcendental que interesa al Ministerio de Educación y Ciencia y a las dos comunidades autónomas, las cuales deben actuar al amparo de lo establecido en el artículo 3.3 de la Constitución Española, que indica que "la riqueza de las distintas modalidades lingüísticas de España es un patrimonio cultural que será objeto de especial respeto y protección".


Fue el filósofo Ortega y Gaset quien observó, magistralmente, que "Asturias suena a plural", y es indudable que, entre el Eo y el navia, lo asturiano suena gallego, lo mismo que en Galicia oriental existen ciertos modismos, costumbres, tradiciones o arquitecturas provinientes de la otra orilla del rio. Naturalmente, por tanto, nosotros- guiados por ese sentimiento de concordia, al que aludimos- debemos acatar siempre, con máximo respeto, la pluralidad consagrada por nuestra Carta Magna.





Manuel Fraga Iribarne


(Villalba, Lugo. 1922 - Madrid 2012)




(La Voz de Asturias, miercoles 8 de septiembre de 1993)

martes, 25 de enero de 2011

Entre os ríos Eo e Navia existen úa serie de falas de filiación llingüística gallega.




Entre os ríos Eo e Navia existen uha serie de falas de filiación lingüística galega. Este feito está constatado e certificado por toda a romanística e a hispanística e e demostrable lingüísticamente-

As falas eonaviegas non son uha mestura de trazos lingüísticos del galego e del asturiano. Nos trazos que xebran el galego del asturiano, estas falas presentan uha porcentaxe muito elevada de coincidencia estructural coel galego (nun 86% de promedio) e uha porcentaxe muito baixa de coincidencia estructural coel asturiano (un 9% de media) Cualificar de "arbitrariedad científica e intencionalidad política" a inclusión destas falas dentro del galego é totalmente incorrecto, pois son falas galegas, porque el galego tamén é lingua de Asturias, como el asturiano tamén é lingua de zonas de León, Zamora ou Portugal.

Os habitantes del Eo-navia somos asturianos, sen que exista contradición entre ser asturiano e falar galego, de igual xeito que hai belgas, suízos, franceses, austriacos ou daneses de lingua alemá e non son alemais, ou portugueses que falan uha variedade del asturiano chamado alí mirandés, en non son asturianos.

(...)
"INFORME LINGÜÍSTICO SOBRE A NOSA TERRA EO-NAVIA
(OCCIDENTE DE ASTURIAS)"
Navia, Febreiro 2007
ASOCIACION ABERTAL DEL EO-NAVIA