Os concellos máis occidentales de Asturias falan unha variante da lingua galega, tal como se pode apreciar nos xa cláxicos artigos de Dámaso Alonso sobre aspectos desta área del "galego exterior" ou nas investigacióis recentes levadas a cabo polo Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago prá elaboración del ALGa (Atlás Lingüístico Galego), así como nas memorias de licenciatura a teses de doutoramento realizadas nos anos setenta e oitenta principalmente nas universidades de Oviedo e de Amsterdam.
Esta galeguidade lingüística, incuestinable científicamente, non se tuvo en conta na redacción del Estatuto de Autonomía de Asturias, aprobado en decembro de 1981, pois nos artigos 4 e 10.1 únicamente se fala da protección, promoción, difusión e incorporación voluntaria al ensino del "bable en sus diversas variantes"
Benigno Fernández Braña
A mdga foi distinguida nel ano 1992 coel
"Premio Celanova Casa dos Poetas" da Fundación Curros Enriquez
No hay comentarios:
Publicar un comentario