Coñócese co nome de galego exterior ao galego falado nas rexións veciñas a Galiza, fóra das súas fronteiras administrativas e que abrangue os territorios da Terra Eo-Navia (Asturias), o Baixo Bierzo (León), As Portelas (Zamora) e A Serra de Xalma (Cáceres).
Todos estes falares forman un grupo abondo heteroxéneo, que nos leva a mudar a tradicional clasificación en tres bloques do idioma galego por outra de cinco, xa que tanto o galego de Asturias, xunto co dos Ancares, e o de Estremadura (xunto co falar de Calabor en Zamora) permítennos falar de cinco bloques, aumentando en dous o número tradicional.
Cómpre separar do bloque oriental os falares galegos asturianos (agás os da zona da Veiga Sur, Taramundi e San Tirso de Abres), o falar do concello lucense de Negueira de Muniz e mais a fala dos Ancares para formar o bloque raiano.
Doutra banda, os falares galegos estremeños, xunto co falar de Calabor, forman un grupo diferente que chamamos bloque meridional. O resto dos falares poden perfectamente ficar dentro do chamado galego oriental.
(Béjar, Salamanca, 1965)
Llicenciado en Filoloxía Inglesa i Doctorado en Filoloxía Románica pola Universidá Complutense de Madrid
El texto anterior, escrito polo propio Fróias- Conde está basado nos sous traballos "O galego exterior ás fronteiras administrativas", tese de doutoramento, Universidade Complutense de Madrid, 1995 e "Sobre os bloques dialectais do galego: unha nova proposta", in Revista de Filología Románica. pp. 241-256. Nº 14. Tomo I Madrid, 1997.
No hay comentarios:
Publicar un comentario